viernes, 30 de octubre de 2026

O noso Samaín en 4º de EP

 AS LENDAS GALEGAS CONTADAS COA NOSA VOZ

O alumnado de 4.º de Educación Primaria deu voz ás lendas da nosa mitoloxía coa gravación do relato O noso Samaín, unha creación colectiva que naceu da pescuda sobre os seres míticos galegos, no marco do PDI de Bibliocovas “Pescuda Covasmola”.

Para crear a historia, o alumnado investigou utilizando libros da biblioteca escolar, como o Dicionario dos seres míticos galegos, de Edicións Xerais, e O noso Samaín, de Editorial Galaxia, así como os recursos dixitais de Portal das Palabras e As chaves da lingua. Estas fontes permitiron coñecer mellor as lendas e os seres fantásticos da nosa cultura e inspiraron a creación do relato.

Esta experiencia, vinculada ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega e ao programa «21 días co galego +», pon o foco na oralidade como ferramenta fundamental para aprender, comunicarse e gozar da lingua. A través da lectura en voz alta e da gravación para RadioCovas, o alumnado traballou a pronuncia, a entoación, o ritmo lector, a expresión e a confianza á hora de falar en galego.

O relato, creado de maneira colaborativa por toda a clase, permitiulles sentirse protagonistas dunha historia propia e compartir a súa creatividade coa comunidade educativa.

Unha maneira de comprobar que a tradición oral segue viva cando as novas xeracións a fan súa e a transmiten coas súas propias voces.

Porque as lendas tamén se len, se escoitan e se contan en galego!




viernes, 23 de octubre de 2026

Día das Bibliotecas: Presentación do Proxecto "Pescuda Covasmola"

Chegou o Día das Bibliotecas e con el, a presentación do Proxecto Documental Integrado "Pescuda Covasmola", que se desenvolverá ao longo do curso 26-27.

Os colaboradores da Bibliocovas de 6º de educación primaria elaboraron un podcast para explicar este proxecto e facer a súa presentación oficial.

O lema de Bibliotecas escolares de Galicia para o presente curso é "Da información ao coñecemento" e desde a Bibliocovas quixemos afondar neste aspecto.

Agardamos que vos emocione tanto como a nós.

Feliz Día das Bibliotecas!!!!

 




viernes, 16 de octubre de 2026

Dous informativos da man de Susana Bastón

O pasado venres realizamos un obradoiro de radio da man de Susana Bastón. Aquí tedes o resultado en forma de dous informativos.

Elaboramos o guión e gravamos os programas.

Aprendimos moitísimo!




domingo, 12 de abril de 2026

ENTREVISTAMOS POLA SEMANA DA PRENSA

Durante a semana da prensa o alumnado do segundo ciclo de primaria estivo traballando a entrevista no contexto lingüístico-

Crearon uns personaxes importantes, déronlle unha vida, unha historia familiar e profesional, e despois entrevistáronos.

Temos cociñeiras, deportistas, policías... 

Aquí temos o resultado final!!!

Parabéns para estes futuros e futuras xornalistas!!!!







sábado, 21 de marzo de 2026

21 de marzo, Día Mundial da Poesía

O alumnado de 2º de primaria elaborou un programa de radio para conmemorar o Día Mundial da Poesía. Escolleron os poemas que lles gustaban e graváronnos para poder compartilos con todos nós.

Encántannos!!!!





domingo, 8 de marzo de 2026

Mulleres polo 8M

Para conmemorar o Día da Muller no contexto lingüístico fixemos un traballo de investigación.

Pescudamos sobre mulleres que fixeron historia, encarnámonos nelas e entrevistámolas.

Previamente elaboramos o guión para ter todo a punto.

Agardamos que o disfrutedes tanto coma nós.

Feliz Día da Muller!!!!





viernes, 13 de febrero de 2026

13 de febreiro, Día Mundial da Radio 2026

Polo Día Mundial da Radio o alumnado de quinto e sexto de primaria elaborou un programa sobre a historia da radio e algunha sorpresiña máis ;)


Escoitade...




Este podcast participa tamén coa Asociación Cultural e Educativa PONTE…NAS ONDAS! que promove a radio escolar como un recurso educativo que contribúe a mellorar as habilidades comunicativas do alumnado e será emitido o 13 de febreiro a través do sitio web www.escolasnasondas.com

lunes, 19 de enero de 2026

Informativo Benvido 2026

Deixámosvos aquí o informativo elaborado polo alumnado de 5º de Educación Primaria no Obradoiro de Radio impartido por Susana Bastón o pasado 8 de xaneiro.

Agardamos que vos guste!!!




viernes, 9 de enero de 2026

Obradoiro de Radio con Susana Bastón

Onte, o alumnado de 5º de Educación Primaria, realizou un Obradoiro de Informativos Radiofónicos con Susana Bastón.

Achegáronse ao mundo da radio e á súa linguaxe e características para, finalmente, elaborar un informativo con todas as súas seccións, no que participou todo o grupo clase.

En breve poderedes gozar do podcast.









                             





jueves, 23 de octubre de 2025

Día das Bibliotecas 2025: PDI "Seres Covasmola"

Hoxe, 24 de outubro, é o Día das Bibliotecas. Feliz Día!!!

Con motivo desta data tan especial as colaboradoras da Bibliocovas prepararon un programa de presentación do Proxecto Documental Integrado para este curso 2025-2026.

O proxecto denomínase "Seres Covasmola".







jueves, 13 de febrero de 2025

DÍA MUNDIAL DA RADIO

O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio. Para conmemoralo, o alumnado do contexto lingüístico de primeiro e terceiro ciclo preparou un noticiario. Os estudantes de primeiro e segundo curso encargáronse das noticias, mentres que os de quinto e sexto crearon os anuncios publicitarios. Foi unha experiencia divertida e enriquecedora! Parabéns a todos polo seu gran traballo! Dende PONTE NAS ONDAS tamén divulgaron o noso programa!

jueves, 9 de enero de 2025

FLORECE COVASMOLA POLO NADAL

Durante a última semana do ano, o alumnado de 5º de Educación Primaria encargouse de realizar un marabilloso labor de documentación sobre as diferentes actividades que se realizaron no centro, encadradas dentro do noso proxecto documental integrado "Florece Covasmola". Tralo proceso de documentación, o alumnado realizou este fantástico podcast. Non deixedes de escoitalo!

miércoles, 20 de noviembre de 2024

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Con motivo do Día Internacional dos Dereitos da Infancia, o alumnado de 5º de Primaria realizou un programa de radio moi especial centrado nos dereitos fundamentais dos nenos e nenas de todo o mundo. Esta data tan sinalada conmemora a aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1989, un documento fundamental que recoñece os dereitos que toda persoa menor de 18 anos debe ter garantidos para un desenvolvemento pleno e saudable.