martes, 13 de febrero de 2024

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe celebramos no noso centro o Día Mundial Da Radio. Para esta data tan sinalada, o alumnado de 1º e de 2º de Educación Primaria fixo un pequeno programa sobre O Antigo Exipto, un tema sobre o que traballaron no contexto lingüístico. Son uns auténticos expertos da cultura exipcia! Esperamos que vos guste o programa tanto como lles gustou a eles facelo.

martes, 31 de octubre de 2023

TEMPO DE OUTONO

O alumnado de 5º de Educación Primaria estivo investigando no recanto literario do contexto lingüístico sobre adiviñas, refráns, ditos e proverbios propios do outono. Aproveitaron esta información para grabar un podcast moi interesante na súa emisora de radio.

Non volo perdades!


<

lunes, 2 de octubre de 2023

O NOSO PRIMEIRO PROGRAMA

 Xa podedes escoitar o primeiro podcast que realizou o alumnado de 5º de Educación Primaria coa colaboración de Damián Alonso de "Ponte nas Ondas". 

Esperamos que vos guste o resultado!


viernes, 15 de septiembre de 2023

OBRADOIRO DE RADIO

Hoxe o alumnado de 5º de Educación Primaria participou nun obradoiro de radio impartido por Damián Alonso de "Ponte nas Ondas".

Na primeira parte da xornada, o alumnado fixo exercicios orais para mellorar a entoación, a pronunciación, a vocalización...todos moi útiles para expresarse do mellor xeito posible diante dun micro. Despois disto, aprenderon a usar Audacity.

Na segunda parte da xornada, o alumnado organizouse por parellas. Cada parella escribíu un breve guión sobre unha temática determinada.  Finalmente, entre tódalas parellas crearon un programa de radio que posteriormente gravaron.

En breves rematarán de preparar ese primeiro podcast.

Estade atentos!

Mentres tanto, podedes ver o ben que o pasaron!








lunes, 5 de junio de 2023

PONTE NAS ONDAS

O noso alumnado recibiu unha obradorio por parte de "Pontes nas Ondas", onde a primeira parte da maña adquiriron coñecementos do Audacity, de como utilizar a voz nunha gravación e por último elaboraron un guión por parellas que posteriormente gravaron na emisora do colexio.





miércoles, 31 de mayo de 2023

RADIO VOZ

O alumnado de 5º de E.P. elaborou unha escaleta sobre o noso Proxecto Documental Integrado “Covasmola”. Este proxecto ten como obxectivo principal o respecto, a non discriminación, a inclusión, a igualdade de oportunidades e a participación activa das familias a través de múltiples actividades que ten como fío condutor varios eixos :

1. A mobilidade.


2. A sustentabilidade.


3. A alimentación saudable.


4. A educación afectivo-sexual.


5. A educación emocional.




A continuación veu RadioVoz ao noso cole a gravar o programa co noso


 equipamento.



jueves, 25 de mayo de 2023

ENTREVISTA A FAITH

O alumnado tamén aproveitou para entrevistar a Faith,a nosa auxiliar de conversa antes de marchar para o seu país e así saber máis sobre a cultura filipina.

martes, 2 de mayo de 2023

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Para conmemorar este día, o alumnado de 5º E.P. entrevistou a Andrea Bechlian, psicóloga especializada en psicoloxía educativa, asesoramento familiar, disciplina positiva e educación emocional. Escoita a entrevista de Radio Covas:

viernes, 24 de marzo de 2023

RETO " PILDORIÑAS NA BIBLIO"

Dende o CEIP Castro de Ouro plantexaron un novo reto dende a súa biblioteca escolar “Pildoriñas de biblio” para animar á lectura a través do formato podcast/ radio. Este reto consistía en gravar en formato audio un pequeno fragmento dunha lectura favorita, no noso caso escollimos “Historias que parecen mentira”. O noso cole foi nominado polo CEIP Lois Tobío e nós nominamoa ao CEIP Celeiro.

sábado, 29 de octubre de 2022

SAMAÍN

Para celebar o Samaín o alumnado de 6º de Educación Primaria inventou historias terroríficas e a continuación as gravaron.

miércoles, 15 de junio de 2022

Anuncios

Estes son algúns dos anuncio grabados en audio que fixemos para a clase de lingua galega. Esperamos que vos gusten.

Triciclos Tití

ZapatosPatos

 




jueves, 2 de junio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

 

 
Programa adicado a Florencio Manuel Delgado Gurriarán, con motivo das Letras Galegas de 2022.O alumando de 6º de primaria quixemos facerlle unha pequena homenaxe á vez que participábamos no concurso de Podscast para celebrar dita conmemoración. 
Este programa especial, está dividido en 3 episodios.
 1. Vida e obra de Florencio M.   
 2. Breve Escola de poemas 
3. Entrevista a Lucía Gómez Álvarez 
(escritora do libro adaptado con pictogramas, "Un legado infindo" )
 
    https://go.ivoox.com/sq/1553271
 
 Esperamos que vos guste.


lunes, 25 de abril de 2022

Falamos de Sexualidade

 

Neste link deixamosvos un curto podcasts onde contamos a nosa experiencia despois de recibir ó Doutor D. Miguel F. Rodríguez Piñón, que nos puxo ó día de moitas cousas que aínda descoñecíamos.

https://go.ivoox.com/rf/87934812

                                                   Esperamos que vos guste.

                                                    Ata a próxima