OBRADOIRO CON BOLBORETAS NO BANDULLO from Radio Covas on Vimeo.
Estamos a traballar no proxecto da biblioteca COIDAMOS DE NÓS E DO NOSO PLANETA DENDE A BIBLIOTECA e unha das actividades relacionadas coa COMIDA SAUDABLE tivemos a visita de Diana e David, compoñentes de BOLBORETAS NO BANDULLO.
Escribiron o libro COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO, un libro de receitas que poden cociñar os nenos e nenas.
Diana foi alumna do noso colexio e foi un auténtico placer tela de novo con nós. Ademais viñeron acompañados de Xiao, o seu pequeno.
Durante o obradoiro vimos videos de elaboración de receitas (unha brocopizza deliciosa e unha lambetada de froitas), contaron un conto que escondía os ingredientes para elaborar un biscoito no microondas. Despois fixeron un xogo no que se pretendía que descubriran cos ollos pechados sabores de alimentos (mirade no video as caras de algún neno).
Moitas grazas a Diana, David e Xiao!
Para ver o seu blogue cheíño de videos moi moi doados de facer... PINCHA AQUÍ!
▼
domingo, 16 de febrero de 2020
domingo, 9 de febrero de 2020
OBRADOIRO DE FORMACIÓN A CARGO DE LABORATORIO DE RADIO
Tivemos un curso de formación en radio a cargo dos membros de LABORATORIO DE RADIO (Lucía e Sergio).
Dividiron ao alumnado en dous equipos e cada un traballou simultáneamente: respiración con exercicios e técnicas para respirar co diafragma; técnica postural e dicción e locución ante os micrófonos; a parte técnica da radio (emprego dos compoñentes da emisora tales como a mesa de mezclas, ordenador...); os efectos sonoros (que facían os nenos e nenas directamente ou recurrindo a instrumentos para facer os tronos, choiva, pasos...) e tamén descargándoos de internet.
Unha parte moi importante foi o proceso de creación do guión ou escaleta e os nenos e nenas formando grupos pequenos tiveron que traballar en equipo, crear unha historia e despois contala.
Unha experiencia que encantou aos rapaces e rapazas.
Laboratorio de radio en RAdioCovas from Radio Covas on Vimeo.