domingo, 19 de enero de 2020

PROGRAMA ESPECIAL DE NADAL- VISITA DE AVÓS/AVOAS

Dentro do proxecto da biblioteca COIDAMOS DE NÓS E DO NOSO PLANETA DENDE A BIBLIOTECA, estamos a traballar a COMIDA SAUDABLE.

Os alumnos e alumnas de 6º traballaron este tema e fixeron un programa especial no que pediron axuda aos AVÓS E AVOAS para facerlles unha ENTREVISTA sobre COMO CELEBRÁBADES O NADAL CANDO ERADES PEQUENOS COMA NÓS?.
Ademais tivemos o enorme pracer de recibir a varios avós/avoas na nosa biblioteca e facer as entrevistas en DIRECTO.
Pero o traballo non rematou ahí, o alumnado de 6º dividido en equipos fixeron unha presentación da celebración e comidas de Nadal en diferentes países (Xapón, Brasil, Italia, Estados Unidos, China e Rusia).
Mirade as fotos do evento e en pouco tempo teremos o podcast e os videos.

Moitas grazas aos avós/as de: Ariadna, Ana e María.
Tamén agradecemos a colaboración a través de entrevista gravada as avoas de Aldara e Marina.


OS AVÓS/AS EN RADIOCOVAS from Radio Covas on Vimeo.

lunes, 13 de enero de 2020

VISITA DAS AVOAS/AVÓ PARA O ESPECIAL NADAL

Aquí tedes o video do programa especial de Nadal que fixemos coas entrevistas as avoas/avó de María, Ana e Ariadna.
Gravamos na biblioteca e aínda que estaban nerviosos contáronos cousas moi interesantes sobre a celebración do Nadal cando eran pequenos.
 Tod@s disfrutamos da súa visita.

Programa de nadal coa visita do avó/avoas from Radio Covas on Vimeo.

PROGRAMA DE NADAL E VISITA DAS AVOAS/AVÓ A RADIOCOVAS from bibliotecacovas on Vimeo.