viernes, 28 de junio de 2019

PRESENTACIÓN DA NOSA RADIO NA BIBLIO "RADIOCOVAS"


O día 19 de xuño presentamos a nosa radio chamada RADIOCOVAS.
Os nenos e nenas de 5º fixeron o programa que se gravou en directo na biblioteca ante un público formado por todo o alumnado e profesorado do colexio.
O programa tiña como obxectivo a presentación oficial da emisora de radio.
Queriamos que fora un día moi especial e decidimos facer un programa en directo con entrevistas, presentacións, recitado de poemas, cancións... e algunha que outra sorpresa como o visionado dun video con tomas falsas das gravacións dos diferentes programas de radio.
Montamos a emisora no medio da biblioteca con dúas mesas, mesa de mezclas, ordenador, micrófonos, auriculares, megafonía e un micrófono de pé para os "invitados ao programa".
Hugo de 6º deseñou o logo de RADIOCOVAS, Jonatan falou dos últimos días no cole dos nenos e nenas de 6º, Uxía Pena explicou en que consisten os Patios Dinámicos, falaron do proxecto LÓVA, María de 5 anos recitou o poema "Parece unha rosa" de Rosalía de Castro e todos xuntos cantamos "Catro vellos mariñeiros" canción emblemática do noso pobo, Viveiro.


RadioCovas (parte I) from bibliocovas on Vimeo.

RadioCovas (parte II) from Radio Covas on Vimeo.

jueves, 27 de junio de 2019

MAKING OF DOS PROGRAMAS GRAVADOS

Making of de RADIOCOVAS from Radio Covas on Vimeo.

Estas son as tomas falsas das gravacións dos programas de RADIOCOVAS.
Durante estes meses os nenos e nenas de 5º traballaron nos recreos para poder realizar os programas que podedes ver no blog.
Grazas chicxs!!

miércoles, 26 de junio de 2019

CONCURSO PARA DESEÑAR O LOGO E NOME PARA A RADIO DO COLE

Todo o alumnado do centro participou no deseño do logo para a emisora de radio e como xurado o profesorado elexiU o logo (foi elexido o debuxo dun neno de 6º no que aparece tamén a mascota da biblioteca Lolo). O nome quedou en RADIOCOVAS.

CANTARES DE CEGO

CANTARES DE CEGO

Este programa foi realizado dentro das actividades do PDI da biblioteca DESCUBRINDO VIVEIRO.

CANTARES DE CEGO





Este produto está relacionado co PDI “Descubrindo Viveiro” que traballamos este ano dende a biblioteca escolar. Decidimos traballar os Cantares de Cego. O alumnado de 5º e 6º de primaria fixeron os debuxos alusivos a Nicomedes Pastor Díaz (poeta de Viveiro que ten unha estatua na Praza Maior de Viveiro) e as coplas do cego. Disfrazamos a alumnos de cego e lazarillo e gravamos na Praza Maior diante da estatua do poeta. Pero este traballo non é só xa que ademais traballamos: -Infantil: monumento dos Castelos na praia de Covas adicado ao Naufraxio da Fragata Magdalena/Bergantín Palomo. -1º e 2º de primaria: Monumento da Porta de Carlos V en Viveiro. -3º e 4º de primaria: A lenda o Dragón de Piago no paseo fluvial do río Landro que pasa por Viveiro.

OBRADOIRO A CARGO DE LUIS PARDO "O MICRO NON MORDE"

O venres os nenos e nenas de 5º de primaria asistiron a un obradoiro de Radio na biblio a cargo de Luis Pardo titulado "O micro non morde".
 Luis Pardo é xornalista e traballa na radio ( SER) e contoulles como se traballa na radio. Primeiro explicoulles os 4 puntos fundamentais para traballar nunha radio: a voz, o sons, a música e o silencio.
Despois traballaron nestes catro elementos: a voz con diferentes intensidades e en distintas situacións (evento deportivo, musical, entrevista, noticias do cole, novas musicais...).
Escoitamos unha gravación de "El gran apagón" no que os sons e os silencios forman parte importantísima para expresar medo, angustia, soidade...
Luis contounos anécdotas do seu traballo e ao final visionamos un video sobre unha entrevista a Antonio Banderas.
Os nenos e nenas aprenderon moito con este gran profesional.


Obradoiro de radio-Luis Pardo



 


 A propósito... xa temos LOGO e nome para a nosa RAdio na biblio.

O nome é ..............Radio Covas
O logo................. a vindeira semana!!

ENTREVISTA Á DIRECTORA E REXEDORA DO PROXECTO LÓVA

O proxecto LÓVA (La Ópera como Vehículo de Aprendizaje) estase a desenvolver no noso colexio na clase de 4º de primaria.
Os nenos e nenas de 5º a través da nosa radio (RadioCovas) fan unha entrevista á directora e rexedora da Compañia de ópera Diamante.
Non perdades palabra porque é unha entrevista moi interesante.







sábado, 22 de junio de 2019

ENTREVISTA A ROSALÍA DE CASTRO

Entrevista feita polo alumnado de 5º de primaria dentro do proxecto Radio na Biblio a unha "Rosalía" moi especial interpretada por Nelson.
Agradecemos a colaboración de Madison, a nosa auxiliar de conversa, recitando marabillosamente estes versos de Rosalía.

viernes, 21 de junio de 2019

OBRADOIRO A CARGO DE "PONTE NAS ONDAS"

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Este é o primeiro programa de Radio Na Biblio no que imos conmemorar o
 DIA MUNDIAL DA RADIO o vindeiro 13 de febreiro.




O eslogan deste ano é DIÁLOGO, TOLERANCIA E PAZ e elaboramos un programa sobre os DEREITOS HUMANOS que enviamos a PONTE NAS ONDAS.

Programa sobre os Dereitos Humanos


No ano 2013 a ONU aprobou a proclamación da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación de Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a coperación internacional entre os organismos de radiodifusión." Este ano celébrase co lema: "Diálogo, tolerancia e paz" e o poder da radio para promover o entendemento e as cominidades poderosas. Convocan un concurso para participar cunha producción sonora de dous minutos arredor do tema deste ano. Animamos a que participen os 50 centros que forman parte do programa de Radio na biblio e todos aqueles que contan cunha emisora de radio. É un bo momento para difundir as experiencias que promoven o traballo colaborativo en ambientes de tolerancia, respecto e integración.

jueves, 20 de junio de 2019

ESTAMOS DENTRO DO PROXECTO "RADIO NA BIBLIO"


Como vos informamos anteriormente o noso centro foi seleccionado para desenvolver o programa RADIO NA BIBLIO.
O obxectivo deste recurso é favorecer a ALFABETIZACIÓN MÚLTIPLE, un concepto que amplia e actualiza o termo da lectura tal e como se entendía ata o momento.
A Alfabetización Múltiple defínese como a "comprensión, utilización e avaliación crítica de diferentes formas de información incluídos os textos e imaxes, escritos, impresos ou en versión electrónica para adquirir as competencias clave, competencia dixital e as competencias para a vida.

A biblioteca como centro de recursos transfórmase nun "laboratorio creativo de aprendizaxes". A posta en marcha dunha emisora de radio proporciona múltiples oportunidades para o desenvolvemento de competencias clave a través de tarefas complexas que involucran certas habilidades e destrezas, permitindo o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas.

Entendemos a radio como unha ferramenta moi versatil como o demostra este obradoiro de radio que impartiron os membros de PONTE NAS ONDAS, Damián e Xerardo ao alumnado de 5º de Educación Primaria.