miércoles, 20 de noviembre de 2024

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Con motivo do Día Internacional dos Dereitos da Infancia, o alumnado de 5º de Primaria realizou un programa de radio moi especial centrado nos dereitos fundamentais dos nenos e nenas de todo o mundo. Esta data tan sinalada conmemora a aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1989, un documento fundamental que recoñece os dereitos que toda persoa menor de 18 anos debe ter garantidos para un desenvolvemento pleno e saudable.

jueves, 19 de septiembre de 2024

OBRADOIRO DE RADIO

Hoxe o alumnado de 5º de Educación Primaria participou nun obradoiro de radio impartido por Damián Alonso de "Ponte nas Ondas". Na primeira parte da xornada, o alumnado fixo exercicios orais para mellorar a entoación, a pronunciación, a vocalización...todos moi útiles para expresarse do mellor xeito posible diante dun micro. Na segunda parte da xornada, o alumnado organizouse por parellas. Cada parella escribíu unha breve escaleta sobre unha temática determinada. Finalmente, entre todos/as crearon un programa de radio que posteriormente gravaron. A continuación, podedes ver nas imaxes o ben que o pasaron e escoitar o fantástico programa de radio. Esperamos que vos guste!

jueves, 16 de mayo de 2024

ENTREVISTA A XIANA NAVAL

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o alumnado de 1º de Educación Primaria entrevistou a Xiana Naval. Ademais de ser exalumna deste colexio, acaba de converterse na actual presidenta do Colectivo Pensamento e Sementeira de Viveiro. Grazas a esta entrevista, o alumnado puido coñecer máis en profundidade o labor desta asociación que aposta pola cultura galega.

viernes, 5 de abril de 2024

Entrevista a María Barbeito e a Eloy Moreno

No contexto lingüístico do 3° ciclo fixemos un traballo de investigación sobre a vida e obra de escritores e escritoras do interese do alumnado. Mergulláronse na grande aventura de buscar a información nos fondos da biblioteca para deseñar unha entrevista acorde ás caracteríaticas dos autores despois de dito proceso de documentación. Quedaron cunha muller do pasado, María Barbeito, é un home actual, Eloy Moreno e gravaron o podcast como periodistas e os propios autores. Este foi o resultado

viernes, 8 de marzo de 2024

Entrevista a Nuria Lestegás

Con motivo do Día Internacional da Muller (8M) , o alumnado de 5º de Educación Primaria convidou a Nuria Lestegás ao colexio para facerlle unha entrevista. Esta actriz da Mariña forma parte do gran elenco de actores e actrices que interpretan o seu papel na recente película "O Corno". Grazas á súa entrevista, o alumnado puido coñecer algúns aspectos relacionados co cinema galego e tamén,darse de conta de que o traballo de actriz é moito máis que o que se ve diante das cámaras, é preciso moito traballo previo como ocorre en calquera profesión. Moitas grazas polas túas palabras Nuria!

martes, 13 de febrero de 2024

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe celebramos no noso centro o Día Mundial Da Radio. Para esta data tan sinalada, o alumnado de 1º e de 2º de Educación Primaria fixo un pequeno programa sobre O Antigo Exipto, un tema sobre o que traballaron no contexto lingüístico. Son uns auténticos expertos da cultura exipcia! Esperamos que vos guste o programa tanto como lles gustou a eles facelo.

martes, 31 de octubre de 2023

TEMPO DE OUTONO

O alumnado de 5º de Educación Primaria estivo investigando no recanto literario do contexto lingüístico sobre adiviñas, refráns, ditos e proverbios propios do outono. Aproveitaron esta información para grabar un podcast moi interesante na súa emisora de radio.

Non volo perdades!


<

lunes, 2 de octubre de 2023

O NOSO PRIMEIRO PROGRAMA

 Xa podedes escoitar o primeiro podcast que realizou o alumnado de 5º de Educación Primaria coa colaboración de Damián Alonso de "Ponte nas Ondas". 

Esperamos que vos guste o resultado!


viernes, 15 de septiembre de 2023

OBRADOIRO DE RADIO

Hoxe o alumnado de 5º de Educación Primaria participou nun obradoiro de radio impartido por Damián Alonso de "Ponte nas Ondas".

Na primeira parte da xornada, o alumnado fixo exercicios orais para mellorar a entoación, a pronunciación, a vocalización...todos moi útiles para expresarse do mellor xeito posible diante dun micro. Despois disto, aprenderon a usar Audacity.

Na segunda parte da xornada, o alumnado organizouse por parellas. Cada parella escribíu un breve guión sobre unha temática determinada.  Finalmente, entre tódalas parellas crearon un programa de radio que posteriormente gravaron.

En breves rematarán de preparar ese primeiro podcast.

Estade atentos!

Mentres tanto, podedes ver o ben que o pasaron!








lunes, 5 de junio de 2023

PONTE NAS ONDAS

O noso alumnado recibiu unha obradorio por parte de "Pontes nas Ondas", onde a primeira parte da maña adquiriron coñecementos do Audacity, de como utilizar a voz nunha gravación e por último elaboraron un guión por parellas que posteriormente gravaron na emisora do colexio.





miércoles, 31 de mayo de 2023

RADIO VOZ

O alumnado de 5º de E.P. elaborou unha escaleta sobre o noso Proxecto Documental Integrado “Covasmola”. Este proxecto ten como obxectivo principal o respecto, a non discriminación, a inclusión, a igualdade de oportunidades e a participación activa das familias a través de múltiples actividades que ten como fío condutor varios eixos :

1. A mobilidade.


2. A sustentabilidade.


3. A alimentación saudable.


4. A educación afectivo-sexual.


5. A educación emocional.




A continuación veu RadioVoz ao noso cole a gravar o programa co noso


 equipamento.



jueves, 25 de mayo de 2023

ENTREVISTA A FAITH

O alumnado tamén aproveitou para entrevistar a Faith,a nosa auxiliar de conversa antes de marchar para o seu país e así saber máis sobre a cultura filipina.

martes, 2 de mayo de 2023

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Para conmemorar este día, o alumnado de 5º E.P. entrevistou a Andrea Bechlian, psicóloga especializada en psicoloxía educativa, asesoramento familiar, disciplina positiva e educación emocional. Escoita a entrevista de Radio Covas: